Libros sin papel

Libros sin papel
enero 29, 2008 Chema

20080129144907-ebook.jpg

vía La Voz de Galicia

Por Xavier Alcalá:

Desde hai anos vénse a producir o fenómeno de aumentar aceleradamente o número de servidores da web en que se van colocando textos literarios que xa non demandan dereitos de autor. Vello é xa o entrar na web e ler en pantalla eses textos ou descargar os arquivos correspondentes para imprimilos en papel. De feito, se non se imprime máis é porque a suma de papel máis líquidos de impresión fan o produto caro (se cadra máis ca o libro comprado na librería).
Mais os avances da electrónica dos medios de presentación fóronnos colocando ante un novo fenómeno: o de lermos en dispositivos distintos da pantalla do ordenador ou da folla impresa. Cada día máis lixeiros e con maior definición nas súas pantallas, convértense en alternativa á comodidade de ler en negro sobre branco de papel con letra impresa limpamente.
Aínda máis, a técnica e a comercialización achégannos á posibilidade de accedermos a inmensas cantidades de textos en todos os idiomas, gratuitamente cando están liberados de dereitos ou por prezos módicos cando non o están.
O libro sen papel está na rúa, conectado sen fíos á rede de redes, e capacitado para almacenar moreas de textos que se len comodamente pasando páxina ao premer un botón. Polo momento estes libros

Comments (0)

Dejar una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*